Sofía Toro

Sofía Toro
Sofía Toro
Sofía Toro

Sofía Toro.

Segling

Nation: Spanien Spanien

Olympiska spel
GuldLondon 2012Elliott 6m

Sofía Toro Prieto-Puga, född 19 augusti 1990 i A Coruña, är en spansk seglare. Hon vann guld i båtklassen Elliott 6m i olympiska sommarspelen 2012 i London tillsammans med Ángela Pumariega och Támara Echegoyen.[1]

Referenser

Externa länkar

Media som används på denna webbplats

Olympic rings with transparent rims.svg
De olympiska ringarna, med genomskinlig bakgrund.
Sofía Toro, agasallada no Concello de Ribeira (8651302203) (cropped).jpg
Författare/Upphovsman: Certo Xornal from Ribeira, Galicia, España, Licens: CC BY-SA 2.0

A campioa olímpica de vela Sofía Toro foi obxecto na tarde do venres, 12 de abril de 2013, dun caloroso recibimento nas instalacións do Club Náutico de Ribeira con motivo da súa visita ao municipio no marco da actividade “Espello Deportivo”: un programa promovido pola Rede de Dinamización Lingüística –rede da que o Concello de Ribeira forma parte que depende da Secretaría Xeral de Política Lingüística- e a Deputación de A Coruña, que busca divulgar o deporte e a cultura galega e expresar un compromiso co uso da nosa lingua.

A olímpica foi presentada polo actor e director Ruben Riós (quen fora pregoeiro nas últimas festas de agosto de Ribeira), nun acto que contou coa participación de distintas autoridades (como o alcalde e deputado provincial Manuel Ruiz Rivas e o presidente do Club Náutico, José Antonio Ventoso Mariño) e a asistencia de ducias de veciños e veciñas que non se quixeron perder o extraordinario acontecemento.

Rubén Riós exerceu de presentador e condutor dun evento no que, ademais dunha proxección audiovisual sobre a traxectoria deportiva de Sofía Toro, con especial fincapé na medalla de ouro conquistada en Londres 2012, acolleu un animado coloquio entre regatista e público, na que a campioa deu conta, entre outros asuntos, dos valores que son precisos para alcanzar unha meta e as dificultades que hai sortear, as emocións que sentiu no momento en que se proclamou campioa olímpica, como está a enfocar a súa preparación para os Xogos de Río e en que se materializa o seu compromiso con Galicia e a súa cultura.

Tras unha entrega de agasallos e a firma da protagonista no libro de honra do Club Náutico, o acto rematou cunha rolda de fotografías de Toro e Riós co público que se quixo retratar son eles.